Axuda

Manuais de usuario

Contacte co administrador para calquera dúbida.

Autenticación

Crear/Modificar reservas

¿Como se ingresa ao sistema?

Se desexa realizar unha reserva e non está na base de datos de usuarios do sistema, debe rexistrarse picando no menú "Novo rexistro" (parte superior dereita da cabeceira) e proceder ao implementado do formulario correspondente. Se ten problema para ingresar no sistema, contacte co administrador.

Algunhas funcións están restrinxidas só para certos usuarios, e aos demáis usuarios apareceralle unha mensaxe que di Non ten autorización para modificar este dato. Contacte co administrador do sistema se isto non funciona correctamente para vostede.

Subir

¿Por que non podo borrar/modificar unha reserva?

Para poder borrar ou modificar unha reserva, vostede debe ingresar como a mesma persoa que fixo a reserva da aula/espazo. Contacte con un dos administradores do sistema, do edificio ou da aula/espazo ao que corresponde a reserva ou coa persoa que fixo a reserva inicial para que a borre ou modifique.

Subir

¿Como fago unha reserva repetitiva?

Ao facer click na hora desexada lévao á pantalla de reservas. Seleccione o tipo apropiado de repetición. A sala quedará reservada á mesma hora ata a data final (Repeat End Date), durante os días determinados polo tipo de repetición (Repeat Type).

  • Unha repetición diaria (Daily repeat) repite a reserva todos os días.

  • Unha repetición semanal (Weekly repeat) repite a reserva  aqueles días da semana que vostede marcou baixo Días a repetir (Repeat Day). Por exemplo, utilice a repetición semanal (Weekly repeat) para reservar a sala todos os luns, mércores e xoves, marcando esos días baixo Días a repetir (Repeat Day). Se vostede non marca ningún día, a reserva repetirase o mesmo día da semana co primeiro día reservado. 

  • Unha variación de reserva semanal é a reserva semanal alternativa (n-Semanal). Este tipo de reserva permite realizar reservas de repetición semanal cada n semanas. Por exemplo, se desexa realizar unha reserva dunha sala o luns e mércores durante cada tres semanas do 12 de setembro ao 25 de febreiro debe seleccionar en Días a repetir (Repeat Day) o luns e o mércores, en Número de semanas de intervalo (rep_num_weeks) por un valor 3 e como data tope de repetición marcar o 25 de febreiro.

  • Unha repetición mensual (Monthly repeat) reserva o mesmo día do mes. Por exemplo o 28-avo día de cada mes.

  • Unha repetición anual (Yearly repeat) reserva o mesmo día do mes e o mesmo mes, por exemplo, cada 28 de outubro.

  • Finalmente, unha repetición mensual do día correspondente (Monthly, corresponding day repeat) reserva un día cada mes, o mesmo día da semana e na mesma posición de orde dentro do mes. Use este tipo de repetición por exemplo, para facer reservas o primeiro luns de cada mes, ou o segundo mércores de cada mes, ou o cuarto venres de cada mes.  Non use este tipo de repetición despois do día 28-avo do mes.
Subir

¿Como editar unha reserva individual e convertila en repetitiva?

Esta acción non se pode realizar accedendo directamente a "Editar reserva". A maneira máis fácil de lograr este fin sería realizar unha copia da reserva e estendela, senón, o que restaría facer, é unha nova reserva iniciada no seguinte día da serie e implementar o formulario de novo.

Subir

¿Como elimino unha instancia dunha reserva repetitiva?

Seleccione o día/sala/hora que quere borrar e seleccione Borrar entrada (Delete Entry).

Subir

¿Como reservo localizacións de distintos espazos simultaneamente?

Non se pode. O sistema non permite facer reservas en dúas ou máis localizacións simultaneamente se éstas pertencen a distintos espazos. Vostede debe facer cada unha das reservas por separado. Asegúrese de que a hora que vostede quere está dispoñible en ambas aulas/espazos antes de facer unha reserva.

A reserva de varias localizacións á vez pódese realizar unicamente cando todas elas pertencen ao mesmo espazo.

Subir

Non puiden facer a miña reserva e apareceu a mensaxe As opcións seleccionadas crearán demasiadas entradas!

Ningunha reserva repetitiva pode xerar máis de 365 reservas. Debe haber un límite do número de reservas máximas repetitivas que se poden crear. Este número pode aumentarse se é necesario.

Subir

¿Que pasa se múltiples persoas fan unha reserva á mesma hora?

A resposta corta é: a primeira persoa que grava a reserva gaña. Detrás das bambolinas, o sistema usa unha adecuada base de datos relacional multiusuaria que pode manexar varios miles de usuarios simultaneamente.

Subir

Se son un alumno ou alumna da EET, para que aulas necesito entregar o permiso de permanencia no centro, asinado por un profesor?

  • Todos os laboratorios docentes (AS01 a AS07; BS01 a BS04; LD01, LD02, LD07, LD08 e LD09; T215 e T105)
  • Aulas: T101, T211 e T214
Subir